21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CULLEREDO

 


Home / Coñece a Julio Sacristán / / Coñece a Julio Sacristán

Coñece a Julio Sacristán

Política municipal feita a base de cabeza e corazón.

 

“Os que traballan conmigo din que son tenaz, hábil negociador e que levo o concello na cabeza. Os que me coñecen din que escoito e falo con todo o mundo e que sempre levo o sorriso nos beizos”. 

 

O seu lema:            “Ningún neno sen unha boa escola.

                                Ningún necesitado sen axuda.

                                A cultura ao alcance de todos e todas.”

 

"Eu tan só me considero un empregado ao servizo dos cullerdenses, que traballa sen horario nin festivos".

 

 

 

Quen hoxe vexa a Julio parolear coa xente de Celas, de Orro  ou de Sueiro e o escoite gavarse entre bromas cos veciños de ter os mellores tomates de Tarrío pensará, con razón, que este home de trato amable que escoita, axuda e sorrí sempre leva aquí toda a vida. Sen embargo, como moitos cidadáns que se teñen vido vivir ao concello de Culleredo nestes últimos anos, Julio tamén chegou de fóra.

 

Aínda que naceu nun pequeno pobo de Castela cercado por campos de xirasoles, Julio adaptouse axiña á vida cotiá, á paisaxe e ás maneiras galegas. Era, ao fin, un rapaz de tan só 21 anos cando o mandaron de profesor á Universidade Laboral do Burgo. Corría o ano 1972 cando chegou a Culleredo un xove Julio cargado de ganas de traballar e dunha ilusión por mellorar as cousas que xa máis nunca o abandoaría e que quedou reflectida nos 24 anos que leva á cabeza do goberno municipal.

 

A súa sensibilidade social e o seu afán por achegar a cultura ao pobo -inquedanzas forxadas nos primeiros anos de estudante en Valladolid-, levárono axiña a tomar parte nos movementos sociais do concello nun tempo no que os galegos aínda emigraban e apenas existían aquí vestixios de actividade cultural ou asociativa. Ademais, din que era un porteiro valente ao estilo de Arconada cando xogaba nos equipos de fútbol da zona.

 

Os que o coñecen saben que, se nalgo se diferencia doutros políticos, é na sensibilidade coa que obra sempre. Julio segue empeñado en ser ese alcalde de pobo, accesible e presente, que toma o primeiro café da mañá frente á casa do Concello e alí mesmo se achega a xente a contarlle os problemas coa confianza de quen llos conta a un amigo.

 

Julio coñece cada recuncho do concello ao detalle, sabe cales son as súas necesidades, en que fase está cada obra, por onde pasan as tuberías e os cables e a onde leva cada camiño. Os que traballan con el din que ten o concello na cabeza e que fai moito con moi pouco grazas a grandes doses de imaxinación e a unha impecable xestión dos recursos. Este non é un concello de alta renda per cápita nin tan turístico como outros que o rodean. Pero non se trata só de facer política con cabeza, cando Julio escoita e se preocupa polos probelamas dos cullerdenses abonda un momentiño para percatarse de que está a facer política co corazón e non a cambio de favores nin votos.

 

Foi o seu amigo Jose Carrillo -actual secretario comarcal da UXT- quen lle pediu no ano 1983 que encabezara as listas municipais do PSOE. Julio era daquela presidente da Sociedade Cultural, Recreativa e Social do Burgo. Interesábanlle máis os movementos sociais que o poder, pero despois dunha longa noite de conversas acompañada de fume de tabaco e varios cafés, Julio accedeu á proposta de Pepe en parte pola amizade que os unía e en parte porque facía falla alguén que puxera fin ao desgoberno dos últimos anos. E foi así como a súa vontade de traballo quedou ao servizo da xente.

 

Amante do deporte, do cine e da literatura, cando a súa labor de alcalde lle deixa tempo, Julio coida dos pesegueiros da súa finca, sega a herba e abona con tino a terra do seu invernadoiro. Outra das súas grandes paixóns é a tertulia e nunca esquece deixar tempo para disfrutar da familia, da súa muller, do seu fillo e dos amigos. Como persoa hospitalaria e cariñosa que é, a súa casa sempre está chea de xente as fins de semana.

 

Dende que chegou á alcaldía ata hoxe, Culleredo pasou de ter 12.000 a 27.000 habitantes e converteuse nun referente de crecemento ordeado e sostible, de desenvolvemento do medio rural, de recuperación do patrimonio etnográfico e medioambiental e dunha ampla oferta de servizos aos cidadáns. Pero non hai que esquecer que cando Julio chegou de profesor á Universidade Laboral, O Burgo era un caótico e contaminado arrabal da Coruña froito do crecemento descontrolado dos anos 60 e da ausencia de plans urbanísticos.

 

Un dos primeiros soños de Julio como alcalde era poder ver un día unha ría limpa e saneada á beira da que poder pasear cando se xubilara. Hoxe ese soño xa se está facendo realidade para o disfrute de todos os que aquí viven. O Burgo e Vilaboa son agora espazos de calidade de vida con coidados xardíns e amplas zonas verdes. Logros, como el di, que sempre cabe seguir mellorando, por iso nesta lexislatura segue a facer política coa cabeza e o corazón.

 

 

 

 

 

Qué lle parecen as novas zonas de aparcamento express?

Moi ben

Ben

Regular

Mal


Hay 9 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , C/ Andrés Pan Vieiro, 20. Baixo 15760 Culleredo (A Coruña)
E-mail: culleredo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera