21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CULLEREDO

 


Home / Actualidade / Municipal / Máquinas e operarios xa traballan en des

Municipal

Máquinas e operarios xa traballan en descontaminar as naves da Cros

Fonte: elidealgallego.com

 

14/08/2010

 

Foron dous meses de análises e estudos, pero agora, xa sobre o terreo, a descontaminación da Cros, no Burgo, é un feito. Se xuño e xullo dedicáronse a ver cal sería a mellor forma de tratar as estruturas, que segundo explicaban desde a empresa adxudicataria das obras Dragadados, son moi antigas e danadas e, por tanto, perigosas, agora máquinas e operarios xa traballan sobre o terreo.
Nos últimos días púidose comprobar como varios obreiros, guindastres e escavadoras, afánanse por deixar preparado o solar para a posterior construción dun centro cultural. Será en xaneiro de 2011 cando rematen os labores de limpeza dos terreos, que custarán 2,5 millóns, grazas á oferta da compañía, xa que se estimaba un valor de catro millóns no prego de condicións do concurso público.
Cos documentos sobre o estado do chan "moi próximo á ría", os cimentos dos antigos edificios e os "esqueletos" aínda en pé, a empresa disponse a deixar lista a zona para que o ano que vén comece a obra do complexo cultural, que tamén incluirá un restaurante.

O edificio máis próximo á ría manterase a modo de "testemuña da historia", mentres que os outros dous inmobles serán máis funcionais. Pezas de arquitectura moderna incrustaranse nas vigas antigas para dar paso a unha biblioteca, unha sala de lectura e outra multimedia, entre outros equipamentos públicos.
A actuación conta con financiamento da Xunta, dos fondos
europeos Feder e da propia administración local, xa que se trata dun proxecto de suma importancia para o municipio e a área; non en balde, o seu gran tamaño ofertará lecer e cultura a toda a poboación da comarca. Segundo o propio alcalde, Julio Sacristán, será un "referente a nivel nacional" de como
se rehabilita este tipo de inmobles industriais.
E é que o que queda dos edificios data dos anos 40 e está catalogado como patrimonio industrial galego. Todo un símbolo das factorías antigas que se reconverterá en "berce" cultural do municipio.

 

 

 

 

 

Qué lle parecen as novas zonas de aparcamento express?

Moi ben

Ben

Regular

Mal


Hay 9 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , C/ Andrés Pan Vieiro, 20. Baixo 15760 Culleredo (A Coruña)
E-mail: culleredo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera