21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CULLEREDO

 


Home / Actualidade / Municipal / Culleredo pide a substitución de Cañás c

Municipal

Culleredo pide a substitución de Cañás como xefe do gabinete de Diego Calvo

O goberno local acusa o candidato do PP de ignorar a normativa en materia de incendios Fonte: lavozdegalicia.es

 

14/08/2010

 

O goberno local de Culleredo, presidido por Julio Sacristán, pide ao delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, a substitución de xefe do seu gabinete, Antonio Cañás, por «incompetente ao ignorar a realidade da lexislación en materia de incendios, como o convenio entre Medio Rural e Culleredo en abril deste ano». Esta contundente reacción xorde por mor das denuncias de Antonio Cañás, que é o candidato do PP á alcaldía de Culleredo, sobre o «completo abandono» dos montes do municipio, centrándose no mal estado dos bosques da Zapateira, desbordados pola maleza, con puntos de verteduras incontroladas e viarias cortados.
O equipo de goberno cullerdense considera «moi grave» que o candidato popular arremeta contra o Concello cando é dos poucos municipios que trata de cumprir coa lexislación vixente na materia, pasando por alto os acordos de establecidos entre Culleredo con Medio Rural, o número de expedientes remitidos polo Concello para a limpeza dos montes e leiras, que están á espera de contestación por parte da Consellería desde o 2009.
O goberno de Sacristán lembra que no ano 2009, o Culleredo remitiu a Medio Rural 14 expedientes de máis de 150 propietarios que ou ben se negaron a limpalo ou ben eran descoñecidos. Até o momento, «a consellería deu a calada por resposta», afirma.
O grupo de goberno cullerdense pon de manifesto que, o pasado mes de abril, «comezouse a traballar co Distrito Forestal II para a mellora de infraestruturas en defensa contra incendios forestais na Zapateira, onde Medio Rural acometerá actuacións como realización de rozas, fajas auxiliares ou refinamiento de camiños e mellora de accesos a motobombas». Por último, outro dos argumentos de Culleredo para reforzar a súa petición é desvelar que recibiu 8.700 euros da Xunta para a limpeza de terreos e camiños con risco de incendios, actuacións que están en curso en parroquias como Almeiras, entre outros núcleos.

 

 

 

 

 

Qué lle parecen as novas zonas de aparcamento express?

Moi ben

Ben

Regular

Mal


Hay 9 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , C/ Andrés Pan Vieiro, 20. Baixo 15760 Culleredo (A Coruña)
E-mail: culleredo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera