21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CULLEREDO

 


Home / Actualidade / Municipal / O Concello di que a APA do conservatorio

Municipal

O Concello di que a APA do conservatorio nega unha reunión con Rioboo.

Fonte: laopinioncoruna.es

 

22/07/2010

 

O portavoz da Agrupación Progresista de Culleredo, José Ramón Rioboo, afirmou hai dous días que se reuniu cun grupo de pais de alumnos do conservatorio municipal para falar das necesidades do centro. O Goberno local, con todo, acaba de asegurar que a asociación de pais e nais do conservatorio confirmoulle que non mantivo ningún encontro co concelleiro.

O Executivo cullerdense afirma que o representante dos pais de alumnos no consello escolar tamén lle comunicou que non se reuniu con Rioboo.

O Goberno lembra que no pasado pleno Rioboo votou en contra da proposta de aumentar o persoal do conservatorio por supor, ao seu xuízo, un "malgaste" mentres que agora critica "exactamente o contrario" pois afirma que é "básico" que se manteña a oferta cultural do conservatorio. O edil de Economía, Diego Taibo, lamentou o "dobre xogo" de Rioboo e resaltou a "aposta decidido" do Executivo por potenciar o conservatorio de música con máis traballadores e melloras nas instalacións.

 

 

 

 

 

Qué lle parecen as novas zonas de aparcamento express?

Moi ben

Ben

Regular

Mal


Hay 9 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , C/ Andrés Pan Vieiro, 20. Baixo 15760 Culleredo (A Coruña)
E-mail: culleredo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera