21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CULLEREDO

 


Home / Actualidade / Municipal / A ampliación da ponte de O Burgo xa ten

Municipal

A ampliación da ponte de O Burgo xa ten o informe favorable de Patrimonio

Fonte: lavozdegalicia.es

 

02/06/2010

 

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, reuniuse onte en Santiago co alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, para abordar diversos temas relacionados co saneamento e infraestruturas no municipio cullerdense.

Hernández confirmou a Sacristán que a Xunta investirá case un millón de euros nas melloras para o saneamento da ría do Burgo. O conselleiro de Medio Ambiente comunicou ao alcalde de Culleredo que un dos obxectivos do seu departamento era lograr o saneamento integral da ría con actuacións como a do colector xeral do paseo de Os Templarios, en O Temple, ao que o Goberno autónomo destinou máis de 1,3 millóns de euros. En canto ao municipio de Culleredo, Hernández destacou que Augas de Galicia está a tramitar o saneamento e acometidas de augas fecais en varios núcleos do municipio cun investimento que supera os 756.000 euros.

 

Por outra banda, Hernández e Sacristán despacharon outros asuntos, como a ligazón de Culleredo coa AP-9 e a ampliación da estrada entre O Burgo e a costa da Tapia, que inclúe a construción do paso peonil na ponte do Burgo. Segundo o conselleiro, xa existe informe favorable de Patrimonio para levar a cabo esta actuación.

 

 

 

 

 

Qué lle parecen as novas zonas de aparcamento express?

Moi ben

Ben

Regular

Mal


Hay 9 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , C/ Andrés Pan Vieiro, 20. Baixo 15760 Culleredo (A Coruña)
E-mail: culleredo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera