21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CULLEREDO

 


Home / Actualidade / Municipal / A recuperación do entorno da igrexa de O

Municipal

A recuperación do entorno da igrexa de O Burgo custará preto de 400.000 euros

Fonte: lavozdegalicia.es

 

11/05/2010

 

O Concello de Culleredo acaba de sacar a licitación a recuperación do entorno da histórica igrexa de Santiago de O Burgo. En total, o investimento para pór en valor uno dos principais monumentos do municipio ascenderá a máis de 380.000 euros, que serán cofinanciados entre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e as arcas municipais. Dado que os traballos afectan as inmediacións dun elemento catalogado pola Xunta, resultou necesario recibir a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio.

 

O obxectivo do Concello de Culleredo consiste en efectuar un cambio integral do espazo coa finalidade de acentuar o valor da igrexa e crear un entorno agradable para os veciños de todas as idades no centro do Burgo. Para iso efectuarase un tratamento tanto do atrio como da zona próxima ao templo coa colocación de laxas de granito, en conxunción coas características da paisaxe galega. O peche orixinal do atrio mantense e procederase a limpalo e colocar unha albardilla de granito para que poida ser utilizado como banco corrido nas zonas máis baixas.

 

Coa recuperación do entorno o Concello favorecerá a visibilidade da igrexa, ao despexar o seu espazo inmediato. Partindo do mesmo obxectivo de destacar o conxunto e a edificación eclesiástica, eliminarase o cableado e as columnas de subministración eléctrica, colocando un novo sistema de luz indirecta para destacar os elementos arquitectónicos do templo. No lateral do atrio paralelo á estrada a O Temple substituirase a varanda por outra de pletinas de aceiro galvanizado.

 

 

 

 

 

Qué lle parecen as novas zonas de aparcamento express?

Moi ben

Ben

Regular

Mal


Hay 9 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , C/ Andrés Pan Vieiro, 20. Baixo 15760 Culleredo (A Coruña)
E-mail: culleredo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera