21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CULLEREDO

 


Home / Notas de prensa / / O PP non pode dar leccións ao PSOE

O PP non pode dar leccións ao PSOE

Lembra que o PSOE loitou "sempre pola democracia e o Estado de Dereito" e "son outros os que presionan e cuestionan aos tribunais".

O PP non pode dar leccións ao PSOE. Así o manifestou a secretaria de Organización do Partido Socialista, Leire Pajín, en Granada. Mostrouse indignada con "o Partido Popular tentando darnos leccións de dignidade no que se refire ao noso respecto polo Estado de dereito e a xustiza". Pajín defendeu que, fronte a un PP que leva semanas "poñendo en cuestión" o labor da policía, os fiscais e os xuíces "porque están a investigar unha trama de corrupción que lles afecta, o PSOE é un partido centenario que contribuíu a colocar os cimentos máis profundos da democracia e do Estado de dereito".

A responsable socialista remarcou que "os socialistas constituímos os pactos da transición aínda sabendo que había moitos homes e mulleres que foran humillados na ditadura porque sabiamos que era o mellor tributo que poderiamos deixar a España". Leire Pajín reiterou "a profunda convicción dos socialistas na xustiza" que non impide ao PSOE dicir "alto e claro que estamos moi preto dos homes e mulleres que non entenden por que hai quen en España impide que poidan enterrar aos seus mortos con dignidade".

REFORMA LABORAL


A secretaria de Organización asegurou, ante os asistentes ao congreso dos socialistas granadinos, que o Partido Socialista e o Goberno, sobre a reforma laboral, "están dispostos a falar de todo con todos, pero que hai un límite que é sacro" que son os dereitos dos traballadores.

No Congreso do PSOE granadino, a secretaria de Organización pediu aos seus compañeiros de partido que desconfíen "dos que nos tachan de ser un partido que cambia de opinión" por estudar "fórmulas" que se aplican noutros países e que "son capaces de estimular a contratación no mercado laboral?. ?Estamos a traballar por un mercado laboral máis dinámico, pero que impida que os traballadores vexan vulnerados os seus dereitos", salientou Pajín.

A secretaria de Organización do PSOE insistiu en que, mentres os socialistas e o Goberno actúan con "sentido da responsabilidade"o PP "fai demagoxia". "Deixemos a Rajoy e a Esperanza Aguirre que chamen á insubmisión nos impostos mentres son incapaces de apoiar os créditos do ICO, o IVE reducido da rehabilitación das vivendas ou apostar por un modelo económico diferente".

HAITÍ


A secretaria de Organización tamén se referiu ao falecemento o venres nun accidente de helicóptero, en Haití, de catro militares españois. "Os nosos corazóns están hoxe coas Forzas Armadas, símbolo de paz e solidariedade en todo o mundo", asegurou Leire Pajín.

ANDALUCÍA


Na inauguración do congreso do PSOE de Granada, Leire Pajín defendeu que o PSOE-A é "o único partido que entende o futuro de Andalucía". E lembrou o compromiso do Goberno de Zapatero coa comunidade autónoma, que será a primeira en aplicar a Lei de Economía Sustentable, aprobada nun Consello de Ministros que tivo lugar en Sevilla.

Fronte ao compromiso do Executivo e do PSOE-A, atópase "un ex ministro que se atreve a preguntar pola débeda histórica, pero ampara a Bárcenas no Senado", en referencia ao popular Javier Areas. Pajín recomendou aos seus compañeiros de partido "non perder o tempo en responderlle".

Tampouco quixo deixar pasar a oportunidade de lembrar a loita dos socialistas andaluces pola igualdade entre homes e mulleres. Como mostra desa igualdade, a dirixente socialista ha encomiado a valía da candidata a converterse en secretaria xeral do PSOE de Granada, Teresa Jiménez.

 

 

 

 

 

Qué lle parecen as novas zonas de aparcamento express?

Moi ben

Ben

Regular

Mal


Hay 9 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , C/ Andrés Pan Vieiro, 20. Baixo 15760 Culleredo (A Coruña)
E-mail: culleredo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera