21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CULLEREDO

 


Home / Actualidade / Municipal / Sacristán demanda unha terceira edición

Municipal

Sacristán demanda unha terceira edición do Plan E para 2011

07/05/2010

 

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán de Diego, aproveitou a visita do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro Goyanes, para pedir a continuidade do Plan E en 2011. O municipio que dirixe recibiu a través destes fondos locais máis de 7,7 millóns de euros entre 2009 e 2010.

Acompañado polo subdelegado do Goberno, José Manuel Pose, Antón Louro fixo balance dos 38 proxectos financiados con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local no municipio en 2009, que xeraron 410 postos de traballo. O delegado asegurou que o Ministerio de Política Territorial xa transferiu o 95% dos 4.726.826 euros destinados a Culleredo a través deste plan.

Louro Goyanes detallou que o novo Plan E, denominado Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, permitirá a execución de 11 proxectos de investimento ou obra, cun custo total de 2.541.178,85 euros, que crearán 72 novos empregos. Todas estas actuacións foron aprobadas por Política Territorial e dúas delas xa están adxudicadas polo Concello por un importe de 85.662,02 euros. O Goberno local ha decidido dedicar 450.151,05 euros deste fondo a catro programas de gasto social, que estima que prestarán servizo a 1.752 cullerdenses. Estes proxectos tamén foron autorizados polo Estado, que tramita xa a transferencia dos fondos á Administración local.

O delegado do Goberno tamén lembrou na súa visita ao municipio que o Ministerio de Medio Ambiente e a Xunta acaban de asinar un convenio para mellorar as infraestruturas no ámbito rural a través do que Culleredo recibirá 153.720 euros para a instalación da rede de saneamento de Orro.

Louro, Pose e Sacristán percorreron onte varias obras como a nova pista cuberta do Isaac Díaz Pardo ou as reparacións no conservatorio de música.

 

 

 

 

 

Qué lle parecen as novas zonas de aparcamento express?

Moi ben

Ben

Regular

Mal


Hay 9 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , C/ Andrés Pan Vieiro, 20. Baixo 15760 Culleredo (A Coruña)
E-mail: culleredo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera