21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CULLEREDO

 


Home / Actualidade / Municipal / A administración cullerdense na casa

Municipal

A administración cullerdense na casa

05/05/2010

 

En Culleredo queren pór a súa administración ao nivel de modernización dos seus habitantes. Por iso, decidiu destinar 200.726 euros do que lle corresponde do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade para crear eCulleredo, co que ofrecerán a través de internet un "elevado" número de xestións aos cidadáns. O Concello, que xa sacou o proxecto a licitación, espera que entre en funcionamento a finais de 2010.

Iniciar tramitacións; emendar a documentación dun procedemento xa en marcha; consultar o estado de solicitudes e expedientes; obter volantes, certificados e outros documentos; realizar seguimentos de solicitudes tanto por vía telemática, como mediante mensaxes de texto ou correos electrónicos; pagar taxas e recibos; ou acceder ao rexistro telemático e ao portelo único, son algunhas das funcións que ofrecerá aos cullerdenses a nova plataforma.

Esta modernización dos sistemas e aplicacións informáticas, segundo o Concello, revolucionará o traballo administrativo das oficinas municipais. A oficina virtual incluirá o deseño dun frontal para que interactúen directamente os veciños e unha intranet de atención presencial ao cidadán para que os funcionarios atendan aos residentes que desexen comunicarse presencialmente ou vía telefónica.

A implantación da administración electrónica tamén require a creación do software necesario para a xestión interna da información. Así, o proxecto impón a mellora do sistema xa existente e a implementación de novos módulos que converjan cara a un sistema integrado coa tramitación telemática. Desta forma, o Concello garante que os datos se duplicarán en bases de datos distintas.

O Goberno local móstrase convencido das vantaxes que traerá a administración electrónica á calidade de vida dos veciños. "Os trámites non dependerán dun horario concreto nin obrigarán a efectuar desprazamentos", expón o alcalde, Julio Sacristán de Diego. Ademais, sostén que coa administración electrónica os prazos de espera reduciranse e mellorarase a interrelación entre as distintas entidades públicas, xa que o novo sistema incorpora mecanismos que garantan a interoperabilidade.

 

 

 

 

 

Qué lle parecen as novas zonas de aparcamento express?

Moi ben

Ben

Regular

Mal


Hay 9 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , C/ Andrés Pan Vieiro, 20. Baixo 15760 Culleredo (A Coruña)
E-mail: culleredo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera