21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CULLEREDO

 


Home / Artículos de opinión / / Consideracións da xestión económica

Consideracións da xestión económica

04/05/2010

 

A liquidación do orzamento, tal e como sinala o artigo 93 do RD 500/90, pon de manifesto respecto do orzamento de Gastos do exercicio os créditos iniciais, modificacións e créditos definitivos, os gastos autorizados e comprometidos, as obrigas recoñecidas, pagos ordenados e pagos realizados. Polo que atinxe ó orzamento de Ingresos, as previsións iniciais, as súas modificacións e as previsións definitivas, e os dereitos recoñecidos e anulados. Como consecuencia disto se determinarán os dereitos pendentes de cobro e as obrigas pendentes de pago a 31 de decembro, o resultado orzamentario do exercicio, os remanentes de crédito e de tesourería.

 

PRIMEIRO.- Determinación do resultado orzamentario do exercicio.

 

En recente sesión plenaria, o Concello aprobou  no pasado mes de febreiro a conta xeral do ano 2008 cun déficit de case 550.000,00 euros. Este goberno tomou as medidas necesarias para reducir o devandito déficit facendo axustes e tomando decisión suficientemente responsables para que nun orzamento como foi o do ano 2009, que cos modificativos ascendeu á cifra récord de 41.164.591,48 euros (case sete mil millóns das antigas pesetas), se fixeron os axuste e correccións como digo de modo tal que o déficit do ano 2009 ascendeu tan só a unha cifra total de 667,00 euros.

Este pequeno déficit é froito dun esforzo considerable e dun exercicio de responsabilidade por parte de este goberno municipal.

 

SEGUNDO.- Caída dos ingresos no exercicio 2009 como consecuencia da crise.

 

A dependencia da financiación dos Concellos dos ingresos relacionados co sector da construcción, fai que a Administración Local nunha crise inmobiliaria como a que estamos a padecer, sexa das mais afectadas, para ver dunha maneira gráfica a comparativa co 2008, podemos fixarnos nos seguintes datos:

-         A recadación polos impostos indirectos descendeu nun 93% con ano 2008

-         As taxas e outros ingresos descenderon  nun 23%

 Por exemplo, o IICIO (Imposto Indirectos sobre Instalacións, Construccións e Obras), se veu afectado de tal forma que no ano 2008 ingresamos sobre 1.736.000 euros, mentres que no ano 2009 a duras penas chegamos a recadar 150.000 euros.

 

TERCEIRO.- Afectación e tensión da tesourería.

 

             No ano 2009 se nos concedeu a cifra de case 5.000.000 de euros como consecuencia do Plan FEIL do Estado, tamén coñecido na rúa como o Plan E, nese ano o Concello de Culleredo tivo que adiantar con fondos propios o 30% da cantidade total sinalada, que posteriormente o Estado nos devolveu no ano presente 2010, pero por aplicación das Instruccións de Contabilidade, houbo que contabilizar a saída de tesourería lóxicamente no ano 2009, o que afectou ó método e cálculo do resultado nese ano.

Asemade aconteceu o mesmo con Plan Urban, de case 4.000.000 de euros que está a provocar importantes tensións en tesourería; e o mesmo se aplica ó novo Plan FES do Estado.

            É evidente que un goberno responsable non poder renunciar a estes programas de financiación do Estado ou da Unión Europea, e isto é posíbel como consecuencia do aforro producido nas contas municipais nos derradeiros anos nos que a economía positiva así o permitía.

 

CUARTO.- Reducción do orzamento.

 

A realidade é a que é, non podemos permanecer alleos a iso, de modo que se a caída de ingresos nos afecta, temos que reducir e minorar o gasto. Por iso no orzamento do presente exercicio 2010, se practicou unha reducción de gasto de entorno os 2.200.000 euros, reducción que unha vez testeado o primeiro trimestre se demostra que non é suficiente, polo que se está a seguir nese eido de minorar o gasto corrente hasta o que é máis imprescindíbel. Garantindo en todo caso os compromisos adquiridos e as prestacións para cos nosos veciños/as.

 

CONCLUSIÓNS.- Agora ben, a situación para os concellos a corto prazo non pinta de cor de rosa, polo que urxe abordar dunha vez por todas a segunda descentralización administrativa de cara á que é a Administración mais cercana ao veciño tal e como é a Administración Local, polo que debe incoarse e instrumentalizarse entre outras a reforma da Lei de Facendas Locais, se queremos manter e seguir incrementando a calidade de vida dos nosos veciños/as.

 

DIEGO A. TAIBO MONELOS

Voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Culleredo.

 

 

 

 

 

Qué lle parecen as novas zonas de aparcamento express?

Moi ben

Ben

Regular

Mal


Hay 9 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , C/ Andrés Pan Vieiro, 20. Baixo 15760 Culleredo (A Coruña)
E-mail: culleredo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera