21 de novembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE CULLEREDO

 


Home / Actualidade / Municipal / Programa de formación para á sostenibili

Municipal

Programa de formación para á sostenibilidade ambiental: Hortos urbanos e familias sostibles

O Concello de Culleredo está a crear unha Rede de Hortos Urbanos (RHU).

 

Unha parte dos terreos do Pazo de Villa Melania, en Vilaboa, volverán a recuperar a actividade de cultivo que tiñan no pasado e de novo xerminarán tomates, pementos de Padrón, leitugas, grelos e incluso patacas das leiras que o Concello de Culleredo acondicionará coa creación do proxecto de hortos urbanos, que forma parte dunha serie de iniciativas co fin de promover entre os veciños/as do municipio unha serie de prácticas respetuosas co medio a través do Programa de Sostenibilidade, proxecto que estará financiado polo Fondo Social Europeo e o propio Concello.

 

O noso alcalde, Julio Sacristán, presentou o día 26 de marzo esta iniciativa, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad, pola que o concello acondicionará 23 parcelas de unos 50 metros cadrados cada unha en Villa Melania e posteriormente sacará a concurso as bases para os veciños/as interesados/as neste tipo de actividades. O Concello facilitará aos participantes casetas con taquillas e as ferramentas necesarias para o cultivo.

 

Haberá tres grupos de destinatarios que poidan optar a esta iniciativa: maiores de 65 anos, xoves entre 18 e 35 anos e poboación adulta maior de 36 anos. "A intención e diversificar as idades co fin de que se produzan intercambios interxeneracionais" asegurou o noso alcalde.

 

 

 

 

 

Qué lle parecen as novas zonas de aparcamento express?

Moi ben

Ben

Regular

Mal


Hay 9 votos hasta ahora.

Ver Resultados

PSdeG-PSOE , C/ Andrés Pan Vieiro, 20. Baixo 15760 Culleredo (A Coruña)
E-mail: culleredo@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera